ConcellosOurenseÚltima hora

Visita ao Barbaña, no Día do Medio Ambiente

O subdelegado del Gobierno en Ourense e o presidente da CHMS supervisaban “in situ” os traballos de restauración hidrolóxico-forestal neste río ao seu paso pola capital da provincia
O subdelegado do Goberno e o presidente da confederación, durante o percorrido.
O subdelegado do Goberno e o presidente da confederación, durante o percorrido.
Un dos momentos da visita ao río Barbaña.
Un dos momentos da visita ao río Barbaña.

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, supervisaron a marcha dos traballos de restauración hidrolóxico-forestal do río Barbaña, ao seu paso pola cidade de Ourense.

Esta actuación comezaba o pasado 26 de maio e o seu obxectivo é “mellorar a estrutura da vexetación de ribeira e a continuidade lonxitudinal do cauce para recuperar a sección de evacuación orixinal do mesmo, co ánimo de aminorar ou eliminar os efectos nas infraestruturas e fincas colindantes durante as inundaciones por avenidas extraordinarias”, segundo se informa dende o organismo de conca.

A lonxitude do tramo de actuación abrangue 7 kilómetros de cauce, nos que se proxecta investir máis de 90.000 euros. A obra está sendo realizada por unha brigada formada por uhna cuadrilla forestal de 8 operarios (1 capataz forestal e 7 peóns especialistas), que realizarán o seu labor fundamentalmente por medios manuais e coa maquinaria adecuada, compatible coa zona de actuación. Estímase que os traballos durarán tres meses.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close