OurenseÚltima hora

Visita ao CEIP Roberto Blanco (A Peroxa) do delegado da Xunta

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o CEIP Roberto Blanco Torres, na Peroxa, onde puxo en valor o traballo dos centros de ensino no rural que, coma este, “ofrecen un modelo educativo de calidade, á vez que moi apegado ao territorio e ao contexto da comunidade na que se enmarcan”.

Neste sentido, destacou que este colexio, no que están matriculados 25 alumnas e alumnos, “fomenta a adquisición de competencias en inglés por parte dos seus estudantes, a través do desenvolvemento dunha sección bilingüe”. Ademais, o centro facilita a conciliación familiar a través do servizo de comedor escolar.

Gabriel Alén felicitou á comunidade educativa polo seu labor para garantir a seguridade sanitaria no centro educativo no contexto da covid-19 e destacou a implicación do equipo directivo e dos docentes a este respecto.

Despois de facer un percorrido polas instalacións, acompañado do alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, e do equipo directivo do centro; o delegado territorial fixo balance dos investimentos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que nos últimos anos chegaron a preto de 100.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button