ConcellosQuirogaÚltima hora

Visita ao Museo Etnográfico de Quiroga dos usuarios do Centro de Día desta vila

Publicidade

 

O de hoxe era un día especial para os usuarios do Centro do Día de Quiroga. Pola mañá desprazáronse ata o Museo Etnográfico deste municipio, onde pasaron unhas horas encantados percorrendo as súas estancias.

Estiveron vendo a multitude de pezas que alberga esta instalación, practicamente todas coñecidas por eles. A visita serviu para recordar vellos tempos á vez que contaron utilidades das pezas o que tamén lles fixo recordar anécdotas.

Esta foi a primeira saída dos usuarios acompañados das coidadoras e dada a boa experiencia e a satisfacción dos usuarios servirá para facer moitas máis.

Fotos: Concello de Quiroga.

 

Artigos relacionados

Back to top button