CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Visita cultural a Guimarães de alumnos do IES Cosme López da Rúa

Nesta viaxe formativa participaban 26 estudantes de 3º de ESO deste centro que percorrían, entre outros lugares, o casco histórico desta localidade portuguesa

Un grupo de 26 alumnos de 3º ESO do IES Cosme López da Rúa realizaban unha saída cultural a Guimarães (Portugal) o pasado 30 de abril. Esta visita estaba organizada dende o departamento de Relixión. O itinerario incluía visitas á Casa de Memória e a unha Oficina Criativa (Obradoiro) de Olería.

Ademais percorrían cunha visita guiada o casco histórico de Guimarães, tamén descubrían “Como viviam os Duques no século XV” no Paço dos Duques de Bragança e logo achegábanse ata a Capela de San Miguel do Castelo e ao Castelo de Guimarães.

Fotos: IES Cosme López.

Artigos relacionados

Back to top button