EconomíaEconomíaÚltima hora

Visita da Comisión Europea á fronteira hispano-lusa na eurorrexión

O programa da viaxe incluía a Eurocidade Chaves-Verín o 22 de outubro

A Directora de Orzamentos e Asuntos Xerais da Dirección Xeral da Política Rexional e Urbana da Comisión Europea na sede da Eurocidade Chaves-Verín./ Foto: Eurocidade Chaves-Verín.
A Directora de Orzamentos e Asuntos Xerais da Dirección Xeral da Política Rexional e Urbana da Comisión Europea na sede da Eurocidade Chaves-Verín./ Foto: Eurocidade Chaves-Verín.

Veronica Gaffey, directora de Orzamentos e Asuntos Xerais da DG Regio da Comisión Europea e comisionada pola Comisaria da DG Regio (Desenvolvemento rexional) visitaba a finais de outubro a fronteira hispano-lusa na eurorrexión, elixida como unha das 10 de toda Europa para realizar unha avaliación e coñecer de primeira man o impacto dos Fondos de Cooperación no territorio.

Veronica Gaffey, no centro, na Comisaria Conxunta con Portugal de Tui/Valença do Minho./ Foto: Riet.
Veronica Gaffey, no centro, na Comisaria Conxunta con Portugal de Tui/Valença do Minho./ Foto: Riet.

A axenda desta viaxe, condicionada por una duración de dous días (o 21 e 22 de outubro), foi confeccionada polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular por encargo de la RIET (Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas). No decurso do programa Gaffey puido coñecer “algunhas das experiencias máis singulares no ámbito da cooperación na frontera hispano-Lusa, unha das máis desenvolvidas de Europa e por iso, unha das que percibe fondos de Cooperación”, segundo se informa dende a RIET.

Imaxe da visita ao Centro De Coordinación Conjunta de Protección Civil, situado en Viana do Castelo./ Foto: Riet.
Imaxe da visita ao Centro De Coordinación Conjunta de Protección Civil, situado en Viana do Castelo./ Foto: Riet.

As experiencias visitadas foron a Comisaria Conjunta con Portugal de Tui/Valença do Minho e o Centro De Coordinación Conxunta de Protección Civil, situado en Viana do Castelo. Ademais na derradeira xornada do programa, a do 22 de outubro, Gaffey achegábase ata a Eurocidade Chaves-Verín e ao Centro de Nanotecnoloxía de Braga.

Artigos relacionados

Back to top button