ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Visita da delegada provincial da Xunta a unha explotación gandeira de Trives

Na mañá do 7 de febreiro, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, realizaba unha visita a unha explotación gandeira de vacún de carne situada en Sas de Xunqueira, no municipio trivés. Acompañada por diferentes autoridades, como o alcalde trivés Domingo Diéguez e o xefe territorial de Medio Rural en Ourense, Iago Borrajo.

A delegada lembraba nesta visita que a Consellería do Medio Rural investía no 2017 na provincia de Ourense unha partida de case 8,5 millóns de euros en axudas para a modernización das explotacións, con achegas para incorporación de mozos, plans de mellora e pequenas explotacións. Estas subvencións repartíronse entre 139 explotacións e 93 mozos e mozas ourensáns que decidiron apostar o seu futuro laboral polo mundo agrogandeiro. Unha das explotacións que recibía axudas era a visitada no concello trivés.

Díaz Mouteira tamén adiantaba que Medio Rural publicará este mes a convocatoria para este ano destas axudas. A orde estará dotada con 65 millóns de euros, idéntico orzamento que na pasada convocatoria, e incluirá algunhas novidades.

Artigos relacionados

Back to top button