ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Visita da directora xeral de Administración Local ao Barco

Marta Fernández-Tapias, acompañada polo alcalde da localidade, Alfredo García, vía as actuacións levadas a cabo na vila en mellora de eficiencia enerxética e na contorna da igrexa de San Mauro

Na mañá do 19 de xaneiro a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada polo alcalde do Barco, Alfredo García, visitaba nesta localidade as actuacións levadas a cabo ao abeiro das axudas da Vicepresidencia.

Fernández-Tapias destacaba a colaboración entre a Administración autonómica e o Concello do Barco, indicando que “cando dúas administracións traballan conxuntamente os mellores beneficiarios son os veciños dos concellos”. Tamén lembraba que grazas á Orde do Fondo de Compensación Ambiental leváronse a cabo melloras da eficiencia enerxética en varias rúas do concello ourensán por importe de preto de 30.000 euros, entre elas a zona do Paseo do Malecón.

Logo achegábase ata a contorna da igrexa de San Mauro, na que se realizou unha intervención de mellora por valor de 12.600 euros. Ademais, o Concello do Barco conta cunha axuda de máis de 10.000 euros para o financiamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal.

A directora xeral de Administración Local recordaba que as convocatorias do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de Infraestruturas para este ano, foron publicadas no Diario Oficial de Galicia fai 2 semanas e que os concellos que así o precisen están en prazo para poder solicitalas. Ambas axudas do Goberno galego superan os 13 millóns de euros.

Neste senso, o alcalde do Barco, Alfredo García apuntaba que este Concello “está estudando o proxecto que vai presentar este ano” de cara a esas liñas de axuda.

Fotos: Carlos G. Hervella, agás a última da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button