EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Visita de alumnos bercianos a plantacións de oliveiras valdeorresas

Un grupo de 8 alumnos de primeiro do ciclo de FP do grao medio “técnicos en aceites de oliveira e viños” do centro berciano La Inmaculada de Camporanaya achegábanse o 17 de decembro ata Valdeorras e Quiroga. O obxectivo desta viaxe era coñecer tanto zonas de cultivo como instalacións de transformación das olivas. Así visitaban unha plantación de oliveiras nunha zona entre O Barco e A Rúa e outra no mesmo casco urbano barquense, onde o seu propietario, Juan Grande, lles ofrecía explicacións sobre o cultivo e a poda das oliveiras. Tamén viaxaban ata o concello de Quiroga para ver dúas almazaras.

A intención é repetir este tipo de vista no vindeiro curso, tal e como se adianta dende o centro educativo La Concepción de Camporanaya.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button