EconomíaEconomíaÚltima hora

Visita de alumnos británicos a empresas ourensás

Publicidade
Alumnos británicos participantes nesta visita a Ourense.

Un grupo de alumnos británicos participantes no programa Erasmus+ (dentro do proxecto SEYE) percorrían o 6 de marzo varias empresas ourensás. Así visitaban “Nenoos”, logo achegábanse ata a Laias para ver o complexo termal e o seu funcionamento. Durante a tarde ían ata o Centro Integral de Servizos que Aixiña ten na antiga finca Sevilla, e que está íntegramente dedicado a dar asistencia, formación e búsqueda de integración sociolaboral a persoas con algún tipo de discapacidade.

O proxecto SEYE é unha iniciativa liderada pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense e a entidad británica London Business Partnership Limited (LBP). O seu obsectivo é axudar a mozos cualificados de Londres e Ourense a crear empresas de economía social, a fin de satisfacer as necesidades non atendidas da poboación carente, con énfase especial na educación, emprego e benestar, os mozos en situación de risco e a proteción do medio ambiente.

Durante estes cinco días de estadía en Ourense, os alumnos británicos comparten coñecementos e experiencias cos seus compañeros ourensáns no ámbito social, verán o funcionamento de empresas do sector.

Artigos relacionados

Back to top button