ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Celebración do Día Europeo dos Parques Naturais no Invernadeiro

Este espazo natural, situado en Vilariño de Conso, recibía a visita da conselleira de Medio Ambiente e dun grupo de escolares vianeses

Con motivo da conmemoración do Día Europeo dos Parques, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, visitaba na mañá do 24 de maio as instalacións do Centro de Interpretación do Parque Natural do Invernadeiro, situado concello ourensán de Vilariño de Conso. Xunto a ela estaban un grupo de 50 alumnos do CEIP Bibei de Viana do Bolo. Mato recordaba que nesta edición a celebración leva o lema “O sabor da natureza”, co que se pretende sinalar as vantaxes que conleva apostar pola agricultura sostible e facela compatible coa conservación dos espazos protexidos.

Ademais no decurso desta visita procedíase á solta dun gavilán, unha ave rapaz recuperada durante dous meses nun centro de recuperación da Xunta, e tamén se participaba na recepción dun cabalo.

Artigos relacionados

Back to top button