EconomíaEconomíaÚltima hora

Visita de “Galicia Calidade” ás instalacións do Grupo Sada en Castro de Rei

A directora xeral de Comercio e o xerente de Galicia Calidade percorrían esta empresa na mañá do 5 de xullo
Un dos momentos da visita.
Un dos momentos da visita.

O polo Cuk, do Grupo Sada, conta coa certificación de Galicia Calidade desde o ano 2014. Na mañá do 5 de xullo a directora xeral de Comercio e presidenta de Galicia Calidade, Sol Vázquez Abeal, visitaba as instalacións que esta empresa ten en Castro de Rei (Lugo).

Nesta viaxe, Sol Vázque, que estivo acompañada polo xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, e pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; destacaba o esforzo do Grupo Sada, que pertence ao holding Nutreco, para producir os polos Cuk con “criterios de calidade e alimentación a base de vexetais, con garantías de seguridade alimentaria e con información para os consumidores de todo o proceso de produción”. Ademais da certificación de Galicia Calidade, conta tamén co selo SGS, de recoñecemento internacional.

Asemade a directora xeral de Comercio lembraba que as principais empresas avícolas con plantas de produción en Galicia, como é o caso do Grupo Sada, contan co selo de garantía Galicia Calidade. É tamén o caso do grupo Coren, Avícola de Galicia, Pazo de Vilane, Avícola Tratante ou Granxa Campomayor. Isto proba o “prestixio” que representa para as empresas e a “confianza que xera nos consumidores”.

O Grupo Sada conta co selo Galicia Caildade para o seu polo Cuk.
O Grupo Sada conta co selo Galicia Caildade para o seu polo Cuk.

Neste momentos 81 empresas teñen autorización para usar o selo Galicia Calidade nos seus produtos, despois de superar os controis de certificación. En conxunto, a súa facturación global representa o 4,5% do PIB da economía galega e 5.000 empregos directos. O sector da alimentación significa o 72,9% do total.

Artigos relacionados

Back to top button