Eleccións Xerais 26-XGalerías de fotosPolíticaÚltima hora

Visita de candidatos de En Marea a Manzaneda no peche da campaña

Mantiñan unha reunión co alcalde deste concello ourensán e visitaban a Cooperativa Amarelante

«Manzaneda é un exemplo de loita contra a sangría demográfica que temos nesta provincia”, dicía o cabeza de lista ao Congreso por Ourense de En Marea, David Bruzos, na visita que realizaba a este concello, xunto con outros compañeiros da lista, o 24 de xuño, derradeiro día da campaña electoral.

Os candidatos desta formación reuníanse co alcalde de Manzaneda, Davide Rodríguez, para coñecer as políticas desenvolvidas nos últimos anos na zona e os seus efectos. Ademais visitaban as instalacións da cooperativa de castañas Amarelante. Bruzos dáballe os parabéns ao alcalde e apuntaba que en Manzaneda “temos unha aposta activa de recuperación económica: recuperaron 7 hectáreas de soutos e 10 de viñedos que estaban no abandono, e que agora mesmo está activos e funcionando de forma eficiente; unha mostra máis das potencialidades da nosa terra. A cooperativa Amarelante consigue sacar traballo, cunha proposta económica que ordea o territorio, cóidao e obtén riqueza e valor engadido a través da industria da transformación».

Para Pilar Barros, candidata ao Senado de En Marea por Ourense, «estas iniciativas son a única vía para ter traballo en Galicia, e recuperar á xente que marchou e emigrou».

Artigos relacionados

Back to top button