ConcellosCulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Visita didáctica do alumnado do IES Cosme López da Rúa a Lugo

Nesta viaxe achegábanse ao museo provincial lucense, á igrexa románica de Vilar de Donas e ao castelo de Pambre

O alumnado de 1º de ESO do IES Cosme López Rodríguez realizaba o día 11 de abril en varias actividades didácticas organizadas polos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia e que se desenvolveron en Lugo.

A primeira delas tiña lugar no Museo Provincial, e consistía en “coñecer o museo dunha maneira moi interesante” a través do denominado “Roteiro literario polo museo” deseñado polo Departamento de Didáctica do MPLugo, sobre esta institución e sobre o libro Contos de fantasmas no museo, segundo se indica dende a dirección do centro de ensino rues.

A segunda das actividades desenvolvíase na foi na igrexa románica de Vilar de Donas en Palas de Rei, onde se puido apreciar tanto o edificio como o interior da igrexa, na que destacan as pinturas murais, “grazas a Don Jesús, señor que moi amablemente nos guiou pola súa historia”, matizan dende o instituto. E, por último, visitouse o castelo de Pambre, unha das mellores mostras da arquitectura medieval militar que existe en Galicia, e das poucas que quedaron en pé tras a revolta irmandiña.

Fotos: IES Cosme López da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button