ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Visita do director xeral de Emerxencias ao GES da Gudiña

Luis Menor resaltaba o traballo que realizan este tipo de entidades “como reforzo dos servizos de emerxencias, especialmente en actividades de prevención”

Ata as bases as do GES de A Gudiña e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Cualedro-Monterrei recentemente creada, se desprazaba na mañá do 8 de febreiro o director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor, quen destacaba o labor deste tipo de entidades na xestión e na atención das emerxencias na nosa comunidade.

O GES da Gudiña comezou a súa andaina como grupo de emerxencias profesional en agosto do 2013. Dende a súa creación a súa actividade foi constante no eido das emerxencias. Tivo tamén un papel destacado na vaga de lumes que o pasado outono asolou a provincia de Ourense, en concreto no caso das comarcas da Gudiña e Viana do Bolo. Contan tamén cun servizo de 24 horas, cunha plantilla de 12 membros que dan servizo aos concellos da Gudiña, A Mezquita, Riós, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Por outra banda, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Cualedro-Monterrei conta na actualidade con 66 voluntarios que dan servizo as 24 horas do día.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luís Menor destacou o traballo que realizan as agrupacións “como reforzo dos servizos de emerxencias, especialmente en actividades de prevención. Se ben en moitas ocasións son as primeiras en chegar e intervir, prestando unha inestimable colaboración”.

Menor subliñou que a Xunta traballa pola potenciación deste grupos, procurándolles a dotación de medios e de formación. Así, afirmou, “o Goberno galego fixo unha importante compra de equipamento de emerxencias nos anos 2015, 2016 e 2017 con continuidade ata 2020”, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O total da inversión para Galicia ascendeu a 9,3 millóns de euros, no caso de Ourense 2,8 millóns de euros.

Artigos relacionados

Back to top button