ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Visita do conselleiro de Economía á Rúa

Na reunión co alcalde rues destacaba o potencial da comarca para aproveitar a biomasa como motor de riqueza

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, viaxaba na mañá do 12 de maio ata A Rúa. Visitaba o Concello e mantiña un encontro co alcalde deste municipio valdeorrés, Avelino García, no que analizaba a situación actual do sector da lousa e do viño, así como as liñas de traballo claves para impulsalos, e os principais proxectos en marcha para reforzar a competitividade e o emprego das empresas do concello.

Conde resaltaba que, de cara a futuro, A Rúa ten un gran potencial para aproveitar o que “está chamado a ser un dos grandes motores de riqueza e emprego do rural galego, a biomasa”. De aí que durante o encontro se abordase tamén a Estratexia Integral de Impulso da Biomasa, que xa está a permitir o impulso económico de municipios con amplos recursos forestais; a consolidación dun tecido de empresas adicadas a produción e distribución de pellets; e un considerable aforro enerxético no rural, derivado de subvencións á instalación de caldeiras en casas de particulares, empresas e administracións públicas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button