CulturaEducaciónÚltima hora

Melloras nos centros educativos de Viana e A Gudiña

Rogelio Martínez comprobou as melloras realizadas no CEIP Bibei e no IES Carlos Casares e anunciou obras no CPI Laureano Prieto
Visita do delegado ao IES Carlos Casares de Viana.
Visita do delegado ao IES Carlos Casares de Viana.
Rogelio Martínez no CEIP Bibei.
Rogelio Martínez no CEIP Bibei.

Na mañá do 10 de febreiro, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez achegábase ata a localidade de Viana do Bolo para comprobar o resultado das obras de mellora realizadas no CEIP Bibei e no IES Carlos Casares.

Acompañado pola directora do centro, Francisca Rodríguez, e pola xefa territorial do departamento educativo, Mercedes Gallego, Rogelio Martínez iniciou a visita no CEIP, onde os traballos consistiron na reforma da instalación eléctrica, a reparación do patio cuberto, e a substitución do depósito de gasóleo, amais da protección da saída do comedor. As referidas actuacións supuxeron un investimento de máis de 26.000 euros.

A segunda parada era no IES Carlos Casares, onde a Xunta vén de investir preto de 8.000 euros nas obras de impermeabilización e reparación de goteiras. O director do centro, Carlos Ferreiro, acompañou ao delegado na súa visita, durante a cal anunciou que “a Consellería de Educación investirá este ano preto de 580.000 euros nas obras de reforma, ampliación e mellora (RAM) de centros de Primaria e Secundaria ourensáns”.

O delegado da Xunta na Gudiña.
O delegado da Xunta na Gudiña.

Amais de interesarse polas obras executadas en ámbolos dous centros vianeses, Rogelio Martínes tamén se achegou ata o CPI Laureano Prieto, situado no concello da Gudiña, para informarlles das obras de mellora dos accesos ao pavillón polideportivo que se executarán este ano e que incluirán a instalación dunha marquesiña. Nesta actuación o departamento educativo investirá 22.000 euros executando as obras durante o período non lectivo das vacacións de verán, co fin de non interferir na actividade académica e para que poidan estar rematados de cara ao inicio do próximo curso escolar.

Artigos relacionados

Back to top button