OurenseÚltima hora

Visita do director da Academia Filipina da Lingua Española á Deputación de Ourense

José R. Rodríguez (natural de San Xoán de Río) foi recibido polo presidente da institución provincial
José Rodríguez asinando no Libro de Honra da Deputación de Ourense.
José Rodríguez asinando no Libro de Honra da Deputación de Ourense.

Proxectos culturais e de cooperación internacional, como o que actualmente está a desenvolver a institución provincial en Manila, colaborando na recuperación do casco histórico da capital filipina por medio da arquitecta Eva Reza, levou ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a manter unha reunión no Pazo Provincial co director da Academia Filipina da Lingua Española, José Rodríguez Rodríguez (natural de San Xoán de Río). Para este proxecto, explicou Manuel Baltar, a Deputación de Ourense foi elixida pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) para participar na recuperación de “Intramuros”, a cidade amurallada máis antiga de Manila, construída polos españois no século XVI e que constitúe o distrito máis antigo da cidade.

O presidente do goberno provincial cualificou a José Rodríguez como “un ourensán universal que alí onde desenvolve a súa actividade profesional, ben sexa no ámbito do xornalismo, da cultura o no desempeño de tarefas institucionais sempre ten presente as súas orixes”.

José Rodríguez (San Xoán de Rio, 1950), xornalista e escritor, é director da Academia da Lingua Española en Filipinas. Pasou a maior parte da súa carreira como xornalista na rexión de Asia-Pacífico, onde foi delegado xeral da Axencia Efe. Foi asemade director de Relacións Institucionais de Unión Fenosa Grupo de Asia-Pacífico, e director do Instituto Cervantes de Manila.

Na súa ampla traxectoria profesional José ten unha extensa bibliografía na que destaca o libro “Cruceiro-Spanish Galicia at Some Crossroads in Philippine History and Culture (1521-1898)” que escribiu xunto co historiador filipino Lino L. Dizon. Na actualidade está a preparar a colección Clásicos da Literatura Hispano-Filipina.

Artigos relacionados

Back to top button