OurenseÚltima hora

Visita do presidente da Xunta á Casa do Maior de Castrelo de Miño

 

Ata  Castrelo de Miño desprazábase o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para visitar a súa Casa do Maior, onde destacou que estes pequenos centros de día supuxeron “un avance histórico ao permitir por primeira vez a conciliación en concellos do rural”.

Neste sentido, apuntou que a Xunta cuadriplicará a súa implantación durante este ano ao pasar de 20 a máis de 80 centros en toda a Comunidade. O presidente sinalou durante a visita, na que estivo acompañado da conselleira de Política Social, Fabiola García, e do alcalde da localidade, Avelino Pazos, que todas as persoas interesadas en poñer en marcha un destes centros poderán solicitalo nas vindeiras semanas.

Así mesmo, lembrou que o Goberno galego habilitou un investimento de 5,3 millóns de euros para achegar estas casas do maior a máis xente.

Artigos relacionados

Back to top button