ConcellosÚltima hora

Visita do presidente da Xunta á Rúa

No marco da viaxe que neste 14 de febreiro o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, realizaba á comarca de Valdeorras facía unha visita ao Concello da Rúa. No exterior da Casa Consistorial era recibido polo alcalde, Álvaro Fernández (PP), así como por membros do equipo de goberno local.

Deseguido, o titular do goberno galego entraba no Concello, saudaba ao seu persoal e logo tiña lugar unha recepción no salón de plenos municipal. Durante a mesma, Feijóo asinaba no libro de visitas indicando que se comprometía a que, unha vez haxa terreos para poder construír un novo centro de saúde na Rúa, licitarase o proxecto”.

Despois, comentaba a importancia dos sectores da lousa e do viño en Valdeorras, así como outros proxectos que lle ten plantexado o goberno municipal rues, como é a construción dun museo do viño, entre outros.

O presidente estaba acompañado por outras autoridades como o conselleiro de Economía e o vicepresidente da Deputación de Ourense.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button