ConcellosÚltima hora

Visita do subdelegado do Goberno en Ourense a Vilamartín

Reuníase co equipo de goberno deste concello valdeorrés

Foto: Carlos G. Hervella

O subdelegado do Goberno en Ourense, co equipo de goberno do concello de Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella
O subdelegado do Goberno en Ourense, co equipo de goberno do concello de Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella

O subdelegado de Goberno en Ourense, Roberto Castro, achegábase na mañá do 13 de xuño ata Valdeorras para coñecer de preto a realidade de Vilamartín, un dos nove concellos que conforman esta comarca. Alí mantiña un encontro no salón de plenos da Casa Consistorial coa alcaldesa de Vilamartín, María Jesusa Candal, e co resto do equipo de goberno.

Neste municipio “non temos xunta de seguridade local e esta reunión permitiunos valorar o clima xeral de Vilamartín e os problemas que máis lle preocupan aos seus veciños”, comentaba á saída da xuntanza Roberto Castro.

Ademais de abordar temas relacionados coa seguridade cidadá na zona, o subdelegado do Goberno explicaba que unha das cuestións que lle plantexaba a rexidora vilamartinesa nesta visita era a posibilidade de que “o equipo que fai os trámites de expedición ou renovación do DNI se poda trasladar aquí, para que a xente non se teña que desprazar fóra para realizar eses trámites”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button