CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Visita dos Reis Magos ao colexio plurilingüe Divina Pastora do Barco

Na entrada do centro instalaron un peculiar e fermoso belén elaborado con piñas e bolas de poliespán

 

A piques de coller as vacacións de Nadal, os alumnos do colexio plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, recibían na mañá do 20 de decembro a visita das SS.MM. Os Reis Magos que percorrían as diferentes clases repartindo caramelos.

O centro poñía así fin a unha semana chea de actividades vendelladas a estas datas festivas. Dende a participacion na Operación Quilo de Cáritas ou os festivais de panxoliñas ata o detallista e peculiar belén instalado na entrada do colexio.

Cada ano empregan uns materiais para a elaboración do nacemento (cada estudante fai a súa parte) e nesta ocasión predominan as piñas e as bolas de poliespán decoradas, formando unha fermosa composición.

Fotos: Monica G. Bellver e cedidas

 

Artigos relacionados

Back to top button