ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Visita dos Reis Magos de Oriente a Vilariño de Conso

 

Ás 16:30h. en punto desta tarde de 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente chegaban a Vilariño de Conso. Viñan no coche de Protección Civil do municipio e eran recibidos por nenos e maiores no polideportivo. Unha vez alí, saudaban aos cativos, escoitaban as súas peticións e despois entregábanlles agasallos como xogos de mesa e bolsas de lambetadas.

Deseguido, maiores e nenos desfrutaban dunha chocolatada acompañada de roscón de Reis. E os máis pequenos podían tamén xogar nos inchables instalados no mesmo polideportivo.

Estas actividades, así como outras infantís realizadas neste Nadal en Vilariño, foron organizadas pola Asociación Vive Vilariño.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button