CulturaCulturaÚltima hora

Visita guiada á escavación arqueolóxica do Preguntoiro (Pantón), o 31 de outubro

 

Na vindeira fin de semana vaise organizar unha visita ao xacemento do Preguntoiro (Pantón), onde se está desenvolvendo unha campaña arqueolóxica, baixo a coordinación de Sonia García e a dirección arqueolóxica de Xurxo Ayán.

En concreto, a visita está prevista para o vindeiro domingo 31 de outubro pola tarde, ás 16:30h. Posteriormente celebrarase un magosto popular, con chourizos, pan, castañas, viño e auga.

As persoas interesadas poden apuntarse ata o 29 de outubro nos seguintes teléfonos: 627-864-805 (Carlos Vázquez) e  662-669-223 (Lucas Vázquez). O custo da inscrición é de 5 euros por persoa.

Esta iniciativa será organizada pola Asociación Cultural “Virxe das Neves” de Pombeiro, pola  Asociación Cultural “Segredos de Pantón”, Xunta de Galicia-Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Concello de Pantón.

 

Artigos relacionados

Back to top button