OurenseÚltima hora

Visita guiada á mostra “Xela Arias. A poesía do retrato” para celebrar as Letras Galegas no Ateneo de Ourense

A exposición contará con fotografías de Xulio Gil e textos poéticos da homenaxeada deste ano.

 

O vindeiro xoves, día 13 de maio ás 19 horas o Ateneo de Ourense celebra o Día das Letras Galegas cunha visita guiada a exposición “Xela Arias. A poesía do retrato”, unha mostra con fotografías de Xulio Gil e textos poéticos de Xela Arias, a homenaxeada deste ano.

A visita estará guiada por Ana Iglesias e Isabel Mociño, vicedecanas da Facultade de Educación e Traballo Social e profesoras de Lingua Galega e de Didáctica da Lingua galega, respectivamente, con textos recitados por Dolores López Alonso.

As persoas interesadas en asistir á visita deben de inscribirse ata completar o aforo, antes do mércores, día 12 ás 12 horas, no correo electrónico: ateneo.deourense@gmail.com ou chamando ao teléfono do Ateneo de Ourense: 988 372 075. Debido ás restricións sanitarias farase a visita en grupo reducido seguindo as normas vixentes para estes eventos, sendo de obrigado cumprimento o protocolo establecido polas autoridades sanitarias.

Artigos relacionados

Back to top button