EconomíaÚltima horaViticultura

Visita guiada ao territorio vitivinícola da D.O. Monterrei

A actividade tiña lugar o pasado domingo, 9 de agosto, coincidindo coa I Feira Virtual da D.O. Monterrei

Imaxe da visita. / Foto: cedida.

 

A Asociación Ruta do Viño de Monterrei realizou, o pasado domingo 9 de agosto, unha visita guiada polos territorios vitivinícolas da Denominación de Orixe. A actividade coincidiu, ademais, coa celebración da I Feira Virtual da D.O. Monterrei. Os asistentes puideron coñecer máis sobre a tradición do viño que existe na zona, as características edafoclimáticas da denominación, as variedades de uva, a tipoloxía de viños e o proceso de elaboración. Así mesmo, tamén visitaron o lagar rupestre de Xan Preto (Oímbra); o Museo Claustro Mercedario de Verín e a bodega Fragas do Lecer, adherida á Ruta do Viño de Monterrei. A iniciativa contou coa colaboración do establecemento O Retiro do Conde, tamén membro da ruta.

Segundo a presidenta da asociación, Lara Da Silva, “retomar este tipo de actividades, que se veñen realizando nos últimos anos, permítenos avanzar ata a nova normalidade, eso sí, reducindo o número de participantes co obxecto de garantir todas as medidas hixiénico-sanitarias necesarias”. Da Silva tamén quixo destacar que “agora máis que nunca débese apostar polo noso territorio” e considera que estas iniciativas axudan a dinamizar a comarca e os viños da Denominación de Orixe Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button