CulturaCulturaÚltima hora

Visita guiada e teatralizada ao Mosteiro de Celanova

A última proposta do Obradoiro de Emprego “San Rosendo…” terá lugar o 13 de febreiro a partires das 20h.
Alumnos do Obradoiro, da Escola Oficial de Idiomas de Ourense - Sección Celanova e da academia Iberlingua.
Alumnos do Obradoiro, da Escola Oficial de Idiomas de Ourense – Sección Celanova e da academia Iberlingua.

A piques de finalizar o Obradoiro de Emprego “San Rosendo. Segue o camino…”, os alumnos están a organizar un acto de clausura moi especial. Seguindo coa mesma liña do resto de actividades levadas a cabo durante o proceso formativo, o evento terá un dobre obxectivo. Por un lado dar a coñecer o patrimonio dunha forma diferente e por outro tratar de testear as posibilidades de comercialización dun novo e exclusivo produto turístico nesta comarca.

Esta última proposta será unha visita guiada teatralizada e nocturna polo Mosteiro de San Salvador de Celanova. Terá lugar o vindeiro venres 13 de febreiro en dúas sesións con 50 prazas cada unha delas: a primeira ás 20h. e a segunda ás 21h, ámbalas dúas gratuítas e abertas a todo o que queira desfrutar desta experiencia piloto. Todas as persoas interesadas poderán recoller as súas invitacións na oficina de turismo de Celanova ata o xoves 12 de febreiro.

Unha visita guiada en inglés ao Mosteiro de Celanova.
Unha visita guiada en inglés ao Mosteiro de Celanova.

Ademais, para redondear o acto, contaremos coa colaboración de 21 establecementos hostaleiros da localidade que, ao finalizar cada unha das sesións, convidarán os asistentes a un pincho de elaboración exclusiva para este acontecemento.

O Obradoiro de Emprego “San Rosendo. Segue o Camiño…” é unha iniciativa desenvolvida polos Concellos de Bande, Celanova e Verea en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar.

Artigos relacionados

Back to top button