ConcellosLaroucoÚltima hora

Visita guiada polo castro prerromano do Castrillón (Larouco), o 15 de xullo

Participantes na visita guiada ao Castrillón (Larouco), durante o campo de voluntariado realizado no castro en xullo do pasado ano.

Será unha nova oportunidade para descubrir as singularidades do impresionante xacemento prerromano do Castrillón (Larouco), como o seu monumental sistema defensivo, da man dos arqueólogos que o están a investigar e tamén dos mozos do campo de voluntariado ambiental e arqueolóxico que se está a desenvolver nel.

O vindeiro 13 de xullo ás 19h. está prevista unha visita guiada a este castro no decurso da tal se amosarán as actuacións realizadas ata o de agora, así como as descubertas realizadas nel.

O punto de encontro dos participantes será o propio xacemento.

 

Artigos relacionados

Back to top button