OurenseÚltima hora

Visita institucional a Ourense do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa

Acompañado pola vicerreitora reuniuse co presidente da Deputación Manuel Baltar e co alcalde Jesús Vázquez
Manuel Reigosa, Manuel Baltar e Esther de Blas.

O novo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa e a vicerreitora do Campus de Ourense, Esther de Blas, realizaban o 12 de xuño a súa primeira visita institucional a Ourense.

No encontro mantido no Pazo Provincial co presidente da Deputación, Baltar e Reigosa analizaron os ámbitos de cooperación que veñen mantendo Deputación e Universidade de Vigo, “unha colaboración na que destaca o punto en común que temos ámbalas dúas institucións: o progreso económico e social da provincia de Ourense, e seguir na liña de aumentar a competitividade, para o cal é fundamental o labor que desenvolve a Universidade de Vigo por medio do Campus de Ourense, con titulacións, profesorado e proxectos que contribúen a especializar, internacionalizar e potenciar os valores que temos como provincia”, expresou Manuel Baltar.

Entre os temas que trataron na reunión destaca o Campus da Auga e todo o que conleva a prol do termalismo na provincia; a consolidación de titulacións como a de Enxeñería Aeroespacial; as iniciativas que favorecen o emprendemento e a investigación, acordando asemade seguir traballando coordinadamente por medio do convenio anual que subscriben Deputación e Universidade de Vigo para promover estudos nos ámbitos demográfico, económico e do emprego, entre outros.

 

Jesús Vázquez, Manuel Reigosa e Esther de Blas.

Reigosa e de Blas tamén se reuniron co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button