Concellos

Visita institucional ao concello de Montederramo

O presidente da Deputación Manuel Baltar, reuníuse co alcalde Antonio Rodríguez

Dentro da rolda de visitas que está a realizar polos concellos da provincia de Ourense, o presidente da Deputación Manuel Baltar, achegábase na mañá do 16 de marzo ata o municipio de Montederramo.

O alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez, recibiu ao presidente do goberno provincial no Concello, para abordar temas de cooperación entre ambas administracións para o desenvolvemento de proxectos en materia de Infraestruturas e para a adquisición de maquinaria. Trala xuntanza, visitaron o Mosteiro de Montederramo así como infraestruturas eléctricas que tamén serán renovadas coa axuda da Deputación de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button