Galerías de fotosÚltima hora

Visita institucional ao Santuario da Nosa Señora das Ermitas (O Bolo)

Na mañá do 2 de agosto había un gran ambiente na localidade das Ermitas (O Bolo). O motivo, a visita institucional que Alberto Núñez Feijóo facía ao Santuario. Non todos os días se pode ver ao presidente da Xunta de Galicia nun entorno como este, por iso moitos veciños do concello e doutros lugares da comarca de Valdeorras acudían á chamada.

O acto contou asemade coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, para quen “exemplo da riqueza patrimonial da nosa provincia é o Santuario das Ermidas, un referente de turismo cultural de Ourense e da comarca de Valdeorras”. Asemade, Baltar dixo que se trata “dun tesouro da provincia que merece a pena visitar para admirar a súa grandeza e a nosa riqueza paisaxística e natural”.

Na visita ao templo tamén estiveron o Bispo de Astorga, Juan Antonio Menéndez; a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; e os párrocos do santuario, Francisco e José Antonio.

Despois das intervencións do alcalde do Bolo, do bispo de Astorga e do presidente da Xunta, os asistentes degustaron un aperitivo servido por Mantesil. Entre os produtos, non faltou o polbo á feira preparado por Cándida que tamén aproveitou para sacar algunha fotografía do acto.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/santuario-das-ermitas-referente-turismo-cultural-valdeorras/

Artigos relacionados

Back to top button