OurenseÚltima hora

Visita internacional ao CIFP A Farixa de Ourense

Docentes de Costa Rica e Colombia interésanse polo sistema educativo de FP do centro ourensán
Representantes de A Farixa cos docentes de Colombia e Costa Rica.
Representantes de A Farixa cos docentes de Colombia e Costa Rica.

Na mañá do 24 de setembro, un grupo de docentes procedentes do Instituto Tecnológxico de Costa Rica e do Servizo Nacional de Aprendizaxe de Colombia, visitaban as instalacións do CIFP A Farixa de Ourense para interesarse “polo seu sistema educativo e o modelo da formación profesional impartida”, explican dende o centro.

A comitiva foi recibida polo director, Miguel Reza; o vicedirector, José Luis Rodríguez e a xefa de estudos, María Cristina Nanín, encargados de explicarlles as características do centro, a súa historia e as áreas cara as que está enfocada a formación dos alumnos. A continuación percorrerían as instalacións e “mostraron a súa satisfacción polo alto nivel do programa educativo, así como do equipamiento de que están dotadas, destacando a área multimedia, os obradoiros e os viveiros de emprego”, din dende A Farixa.

Tanto Walter Murillo, de Costa Rica, como Nhora Barrios, de Colombia, afirmaron que o seu obxectivo estaba “en ver as posibilidades de establecer colaboración con Ourense para poder incrementar o nivel de formación en materia de termalismo e o su enfoque cara o ámbito terapéutico, co obxectivo de convertilo nun negocio con maior rendemento socioeconómico, sector que no caso costarricense se atopa nunha fase inicial”, según Murillo.

Artigos relacionados

Back to top button