CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Visita virtual á exposición “Faraón. Rei de Exipto” e obradoiro de hixiente bucal, na Semana Cultural do colexio Pablo VI-Fátima

Estas actividades tiñan lugar na mañá deste mércores 19 de maio para os alumnos de Infantil e Primaria do colexio da Rúa

Publicidade

 

Na mañá deste mércores 19 de maio o colexio Pablo VI-Fátima da Rúa era un fervedoiro de actividades, unhas presenciais e outras online. Dende o onte, 18 de maio, e ata o sábado día 22, o centro vivirá intensamente a súa Semana Cultural, con actividades de índole moi variada (cultural, deportiva, santinaria,…) para todo o alumnado, dende Infantil ata Bacharelato.

No caso dos máis pequenos, esta mañá participaban en dúas interesantes propostas. Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistían a unha visita virtual no Salón de Actos, á exposición da Cidade da Cultura “Faraón. Rei de Exipto”, unha mostra que explora o simbolismo e o ideario da monarquía exipcia, ao tempo que intenta desvelar as historias que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que deixaron como herdanza desta antiga civilización.

 

Moa de forespán no obradoiro de hixiene bucal.

 

No caso dos alumnos de Intantil e 1º e 2º de Primaria, participaban no obradoiro de hixiente bucal “Coidando a nosa boca” a cargo da Odontóloga-Hixienista do Centro de Saúde da Rúa Cristina Rodríguez Escuredo quen, dun xeito ameno e divertido, deu aos máis pequenos as pautas a seguir para manter unha boca saudable.

Seguindo co apartado sanitario, mañá haberá outro obradoiro para os de Primaria sobre consumo de drogas (vida sa), igualdade e cambios no corpo, a cargo da Enfermeira do Centro de Saúde da Rúa, Manoli Fernández Estévez.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button