CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Visitas e recepción real na tarde de Reis da Rúa

As súas Maxestades achegáronse ata os diferentes barrios da vila, rematando os festexos do Nadal no Centro Cultural Avenida

A chuvia impedía que os Reis Magos levasen a cabo a tradicional cabalgata na Rúa, obrigando a trasladar a recepción real da praza José Antonio Míguez ao Centro Cultural Avenida. Pero o que non impedíu a auga, foron as visitas das súas Maxestades a diferentes puntos do concello e máis aló dos límites municipais.

De feito, Melchor, Gaspar e Baltasar comezaban o percorrido real na residencia da terceira idade de Larouco (máis tarde achegábanse tamén ata a dos Pinos e a de Fátima, xa na Rúa), chegando á estación de autobuses en torno ás catro da tarde do 5 de xaneiro, onde eran recibidos por numerosos cativos acompañados polos seus proxenitores. A partires de aí e despois de repartir lambetadas, o séquito real era escoltado pola Policía Local e membros de Protección civil, visitando a parroquia de Santo Estevo coa adoración ao neno Xesús e tamén á de Fontei, así como Vilela.

A última parada da Cabalgata de Reis 2016 na Rúa era o Centro Cultural Avenida onde os nenos saudaban, bicaban e falaban coas súas maxestadas, recibindo a cambio, moreas de caramelos sen glute.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button