ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Viticultores e agricultores da Rúa colaboran cos seus tractores na desinfección neste municipio valdeorrés

Mediante tractores, procedían aos labores na tarde deste 24 de marzo

 

A estación de servizo, na rúa Campogrande, servía de punto de partida aos tractores que na tarde deste 24 de marzo procedían á desinfección das vías no municipio da Rúa. Distribuídos por zonas, percorrían a vila dende a Rúa Vella ata a Estación, as Casas Baratas, Fontei, Vilela,…

Hai uns días, en plena pandemia do Covid-19 e seguindo o exemplo doutros países, un grupo de viticultores, adegueiros e agricultores valdeorreses ofrecíanse para axudan a desinfectar as rúas aproveitando os seus tractores con atomizadores, sempre que lles facilitaran o desinfectante. Dende o Concello da Rúa aceptaban a proposta e hoxe procedíase a un intenso labor de desinfección por todas e cada unha das rúas da vila, colaborando con Protección Civil.

De forma paralela, nesta tarde tamén se levaba a cabo a desinfección das residencias da terceira idade (Os Pinos e Fátima) por parte da Consellería do Medio Rural.

 

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button