ConcellosÚltima hora

Viticultura e patrimonio fúndense na camiñata por Éntoma prevista para o 16 de novembro

Trátase dunha iniciativa da Ruta do Viño de Valdeorras na que se contará coa presenza do arqueólogo Santiago Ferrer

 

Buscando promover o coñecemento do viño e tamén do patrimonio, a Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras organizará o vindeiro 16 de novembro unha camiñata de 11,6 km por Éntoma (O Barco), deseñada por Víctor Fernández (Rutas Xanzá). “O obxectivo é percorrer Éntoma, unha das localidades con máis engado da comarca de Valdeorras e que goza dunha orientación privilexiada para o cultivo da vide. O percorrido polas súas ladeiras permite desfrutar dunha paisaxe cambiante e chea de cor”, indican dende a entidade organizadora.

Ao longo desta senda poderán verse diferentes elementos patrimoniais e contarase coa presenza do arqueólogo vilamartinés Santiago Ferrer. A ruta concluirá cunha “visita e cata de dous viños e un petisco na Adega Roandi”, segundo a organización.

Haberá un autobús a disposición dos participantes que sairá ás 9h. da mañá da praza do Concello do Barco e que os traerá despois de regreso a ese mesmo punto unha vez finalice a actividade.

O prezo de inscrición nesta actividade é de 20 € e o prazo está aberto ata o vernes 15 de novembro. As persoas interesadas poden anotarse chamando ao teléfono 604 07 87 53 ou enviando un mail a info@rutadelvinovaldeorras.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button