CulturaCulturaÚltima hora

Vítor Nieves: “A fotografía é unha arte que evoluciona de forma moi rápida”

Este fotógrafo valdeorrés vén de impartir na Coruña a conferencia "Fotografar aquí e non morrer coa fame"

No mundo da fotografía hoxe e en Galicia centraba o valdeorrés Vítor Nieves a conferencia que impartía na tarde deste 3 de febreiro no salón de actos da Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Pablo Picasso na Coruña. O seu título era “Fotografar aquí e non morrer coa fame”.

Este fótografo, que era presentado polo vicedirector da escola Mario G. Herradón, recoñecía que “custa vender fotografía” e que “non hai fórmulas máxica para poder vivir” dela. Ademais referíase á velocidade coa que evoluciona esta arte.

E animaba aos asistentes a participar en inauguracións, festivais, a visitar salas…, así como a presentar traballos ao Premio Galicia de Fotografía Contemporánea que organiza o Outono Fotográfico de Ourense.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button