DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Vitoria para O Barco en Calabagueiros no derbi ante o Arenteiro

Os de Javi Rey vencían por 2 goles a 0 aos rapaces de Manel Vázquez na xornada do 14 de xaneiro

A marcha de Imanol obrigaba ao Centro de Deportes Barco a buscar con premura un gardamenta titular e a nova incorporación non se fixo esperar. Só uns días despois da súa fichaxe polo conxunto barquense (anunciada a través das redes polo presidente do club, Daniel Ramos), José Luis Villar “Pepelu”, porteiro alicantino procedente do Yeclano Deportivo, debutaba en Calabagueiros no primeiro derbi da segunda volta en terceira división: C.D. Barco-C.D. Arenteiro.

Despois do empate a uns no partido de ida (xogado en dous tempos por mor da treboada que obrigaba a suspendelo pasado o minuto 70), os dous equipos saían ao campo dispostos a todo. Cunha agarimosa aperta se saudaban os adestradores de ámbolos dous equipos (Javi Rey polo Barco e Manel Vázquez polo Arenteiro) antes de comezar o partido, pero xa sobre o terreo de xogo, os seus xogadores convertíanse en verdadeiros rivais.

Desta volta os do Carballiño non tiveron moitas opcións e foron os locais os que levaron o partido demostrando porque están na zona alta da clasificación. Iván Argos adiantaba ao Barco xa no minuto 12 cun golazo marcado pola escuadra. Cun bo espectáculo deportivo e o 1-0 no marcador chegaba o descanso. E xa na segunda parte era Ivi vales quen sentenciaba o encontro marcando o segunda da tarde no minuto 79.

Con estos resultados, o C.D. Barco sitúase no cuarto posto da clasificación en terceira división, empatado a 41 puntos co terceiro, o Somozas. O C.D. Arenteiro pola súa banda, suma unha nova derrota no seu historial, situándose no posto 13º con 25 puntos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button