En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Vitoria castrexa en Qui-Roma

A loita entre castrexos e romanos pola man da galaica Melenisa, xunto co desfile “Arde Loucos”, era un dos referentes desta festa de recreación histórica

Da cabalo e a pé, os romanos amosaban o seu poderío no desfile “Arde Loucos” que percorría o centro da vila de Quiroga na tarde do 17 de agosto, no marco da celebración da festa Qui-Roma. Neste percorrido, encabezado pola guarda romana Lucus Equites e polo emperador romano Chicocuartos, tamén participaba Melenisa, filla do gran xefe castrexo do sur, Melenedix. Detrás, os gaiteiros Brabán e Os Palletas, así como os gladiadores e os castrexos.

Tras percorrer a rúa Real, a comitiva dirixíase cara o anfiteatro situado xunto ao auditorio. Alí, cunha loita castrexa-romana disputábase a man de Melenisa. Un combate que finalmente se decidía a favor dos castrexos, e polo tanto, decidía o enlace entre Melenisa e o xefe castrexo Cachelix. Sen embargo, a moza rebelábase a ese matrimonio forzado e, finalmente, facíase co trono en solitario.

Tras a loita, Andrés Novoa dende a organización agredecía a numerosa asistencia de público, que enchía as bancadas, e tamén a colaboración dos actores voluntarios e todas as persoas que colaboraron para facer posible esta actividade. Ademais entregábanse varios recoñecementos.

Numerosas persoas asistían a esta representación, un dos actos de referencia da quinta edición desta festa castrexo-romana que continuaba cunha gran paella qui-romana, neste mesmo lugar e, xa a partires da medianoite, con festa coa disco-móbil Fabrik.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

En breve publicarase outra galería de fotos.

Artigos relacionados

Back to top button