DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Vitoria de Alejo Ares (Adas) na I Carreira das Cidades contra o cancro de páncreas de Vilamartín

A primeira muller en cruzar a liña de meta desta proba deportiva e solidaria era a ruesa Maribel García, tamén do Adas

Un cento de corredores tomaban a saída ás 11:30h. dende o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín nunha exitosa I Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas en Vilamartín. O primeiro en completar o circuíto de 11 quilómetros da proba era o atleta de Sobradelo Alejo Ares, do Club Adas Proinor. Tras el entraba Paulo Marco Rodrigues e José Manuel García “Pacho”, ambos do Adas.

A primeira muller en cruzar a liña de meta era a ruesa Maribel García (Adas). En segundo lugar entraba Susana Parguiña e o terceiro posto era para Miriam Gómez. Coa carreira completábase o programa deste multitudinario evento deportivo e solidario que reunía a máis de 1.100 participantes, entre os que había tamén corredores do Club Atletismo Rúa, que despois compartían un xantar e magosto popular, organizado polo Concello de Vilamartín.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
https://osil.info/a-multitudinaria-i-carreira-e-andaina-das-cidades-contra-o-cancro-de-pancreas-de-vilamartin-en-fotos/
https://osil.info/mais-de-1-100-persoas-caminan-e-corren-contra-o-cancro-de-pancreas-en-vilamartin/

Artigos relacionados

Back to top button