DeportesÚltima hora

Jesús Rodríguez (Fluvial Barco) imponse en K-1 sénior na Baixada do Umia

O club valdeorrés colleitaba outros dous podios da man de Bernardo Sánchez e de José Antonio Girón en K-1 veterano
Jesús Rodríguez León, nunha regata./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Ata tres podios sumaba o Club Fluvial Barco na XXIV Baixada do Umia, que se celebraba en Ribadumia (Pontevedra) o 17 de xuño. Así Jesús Rodríguez León vencía con rotundidade en K-1 sénior ao completar os 14 km da proba en 58 minutos e 13 segundos, fronte ao tempo de 01:1:39,86 do segundo clasificado, Iván Domínguez do Cofradía Pescadores Portonovo.

Vitoria tamén para Bernardo Sánchez en K-1 veterano, cunha marca de 01:01:03. Ademais entraba en meta seguido polo seu compañeiro no Fluvial Barco José Antonio Girón (01:03:46), que quedaba segundo. Nesta mesma categoría competía José Antonio Santín, que se situaba en 20ª posición.

Artigos relacionados

Back to top button