DeportesÚltima hora

Vitoria de ouro para o Campus Universitario Ourense Rugby en Bilbao

Martín Pérez Colombo foi o mellor xogador SUMI da segunda xornada da liga en división de honra B

Martín Pérez, premio SUMI da xornada.

 

Mermado pola ausencia de varios xogadores viaxaba o Campus Universitario Ourense Rugby ata terras vascas para disputar o segundo partido da tempada en división de honra, logrando unha “importantísima victoria a domicilio” fronte ao Universitario Bilbao que, malia ser axustada “sabe a moito”.

Tal como explican dende o club ourensán o resultado foi “bastante axustado 22-27”, nun partido no que os locais “non nos deixaron xogar facilmente manténdose moi preto no marcador durante todo o encontro”. Cunha forte dianteira apoiada pola súa liña de tres cuartos, o Universitario Bilbao púxollo moi complicado aos de David Monreal aínda que a experiencia, o bo facer do Campus Ourense e o acerto co pé de Colombo axudaron a que os puntos viaxasen ata Ourense.

Polo Campus debutaba Borja Vera e Martín Pérez Colombo foi o mellor xogador SUMI da xornada.

A vindeira fin de semana volven xogar fóra e de novo en terras vascas, contra Babyauto Zarautz RT, “equipo duro e con factor casa”, adiantan dende o equipo ourensán.

Artigos relacionados

Back to top button