OurenseÚltima hora

Vitoria do Auriense FG masculino, na estrea da liga en casa contra Mecos do Grove

Os ourensáns suman a segunda vitoria da tempada, noutras tantas xornadas de liga
Equipo masculino do Auriense FG.

Dous de dous. Despois de gañar a semana pasada en terras coruñesas o partido contra Ártabros, o equipo masculino do Auriense FG vén de sumar outra vitoria, desta volta na estrea da liga en casa contra Mecos do Grove, un equipo que regresaba á competición tras un ano de ausencia.

Tal como explican dende o club ourensán, o seu equipo dominou no marcador durante os primeiros 20 minutos do encontro “con acerto por porta e a paos” aínda que no último tramo da primeira parte os do Grove acurtaron distancias “cun fenomenal acerto a paos e asegurando as faltas sempre con punto” chegando ao descanso co empate a 11.

 

Auriense de Ourense e Mecos do Grove.

 

Xa na segunda parte o ritmo baixou por parte de ámbolos dous equipos, aínda que a medida que avanzaban os minutos aumentaba a intensidade e o acerto por parte dos locais, cuxo marcador  en poucos minutos atopábase por riba dos 10 tantos. Os visitantes non deixaron de intentalo en ningún momento, pero a distancia mantívose chegando ao final co resultado de Auriense FG 05-14 (29)- Mecos FG 02-13 (19).

A vindeira semana toca descanso na liga galega, que voltará dentro de 15 días, no mesmo escenario contra Cambados FG.

Artigos relacionados

Back to top button