DeportesÚltima hora

Vitoria do barquense Jesús Rodríguez en K-1 sénior na 53ª Baixada do Eume

O Fluvial Barco sumaba un total de catro podios nesta competición coruñesa

Descatada actuación valdeorresa na 53ª Baixada do Eume, que se desenvolvía na pasada fin de semana nas Fragas do Eume (Pontedeume-Coruña) cunha participacióin de 394 padexeiros de 35 clubs. A competición disputábase nunha distancia de 12 km para as categorías veterano, júnior e sénior hombre e de 7 km para o resto de categorías, en embarcaciones dobres e individuais.

O vencedor sénior desta cita en K-1 era Jesús Rodríguez León do Fluvial Barco. Ademais os seus compañeiros de club Roberto Núñez e Miguelanxo González impoñíanse en K-2 veteranos, mentres que Saúl Rodríguez era terceiro en K-1 júnior. Finalmente, Fernando García proclamábase campión en K-1 veteranos.

Por outra banda, a valdeorresa Kissy Torres (Fluvial Avión/Castrelo de Miño) ganaba na categoría K-2 muller veterana nun barco compartido con Mónica Piñeiro.

Nesta baixada participaban os clubs ourensáns Fluvial Barco, Escuela Ourensana municipal de piragüismo e Fluvial Avión-Castrelo de Miño.

Fotos cedidas.

Resultados dos padexeiros ourensáns na proba

Artigos relacionados

Back to top button