DeportesÚltima hora

Vitoria e terceiro posto para Eva Arias en dous controis de pista cuberta en Barcelona

A atleta vilamartinesa segue encabezando o ranking nacional máster na proba de 1.500 ml

Eva Arias nunha competición anterior.

 

Bos resultados para a vilamartinesa Eva Arias Aira na pista cuberta. Esta atleta, que compite coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra, vén de participar esta fin de semana en dous controis na cidade de Barcelona. Así o venres 5 de febreiro quedaba terceira na proba de 1.500 ml e melloraba “décimas no rexistro da semana pasada, deixando a marca en 4’42″02, e sigo manténdome en primeiro lugar no ranking nacional”, comenta.

Ademais neste domingo 7 de febreiro acudía a outro control e competía, desta volta, na proba de 3.000 ml, na que vencía cun tempo de 10’11”. Aínda así, esta atleta de San Miguel de Outeiro (Vilamartín), recoñecía que notaba “o cansazo nas pernas do venres”.

 

Artigos relacionados

Back to top button