BaloncestoDeportesÚltima hora

Vitoria fronte a Corea na estrea da selección de Lucas Mondelo en Tokio

O seleccionador Lucas Mondelo, de orixe valdeorresa, no partido contra Corea./ Foto: FIBA.

 

Custáballe, pero finalmente, a estrea da selección española de baloncesto feminino nos Xogos Olímpicos de Tokio saldábase hoxe cunha vitoria fronte a Corea. O combinado que dirixe o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo sufría pero, finalmente reaccionaba a tempo e finalizaba o encontro cun marcador de 73 a 69 puntos.

Dende o primeiro momento esforzáronse na defensa para poder correr, como acostuman facer, pero Corea non se quedaba atrás e respondía cunha agresiva defensa, pero España resistía e mantiña unha vantaxe de 4 puntos que lle daba o triunfo.

A próxima rival de España nos Xogos será Serbia, actual campioa de Europa e que deixaba ao equipo de Mondelo fóra da loita polas medallas no Eurobasket. Suporá, por tanto, unha oportunidade de revancha para España. O partido terá lugar o vindeiro xoves.

 

A selección española de baloncesto feminino antes do inicio do partido, mentres soaba o himno./ Foto: FIBA.

Artigos relacionados

Back to top button