DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Vitoria local pasada por auga no C.D. Barco-Arousa disputado en Calabagueiros

Os barquenses son terceiros, empatados a puntos co segundo, o Compostela

Os xogadores do Barco estanse acostumando a xogar baixo os focos. De feito son xa varios os partidos disputados  (ou cando menos previstos) nun horario que obriga ao seu acendido.

Así pasaba no último encontro xogado no campo barquense de Calabagueiros na tarde do 11 de novembro, festividade de San Martiño, no que malia comezar de día (ás 17:15h.) a intensa chuvia escurecía a tarde antes do previsto.

Baixo unha tupida cortina de auga, saían ao terreo de xogo o C.D. Barco e o Arousa. Juanito era o primeiro en marcar para os locais cun bonito gol no minuto 23, e segundos antes do final da primeira parte, David Álvarez anotaba o segundo. Coa vantaxe dos dous goles, os rapaces de Manolo Pérez pasaban polo vestiario e de regreso ao enchoupado terreo de xogo, era Daniel quen marcaba para os visitantes en dúas ocasións (nos minutos 65 e 75). O empate duraba apenas sete minutos, sendo Íker o responsable do terceiro gol vermello que poñía o 3-2 final no marcador.

Con este resultado, o C.D. Barco sube ata o terceiro posto da terceira división, empatado a puntos co segundo, o Compostela, e un partido menos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button