OurenseÚltima hora

Vitoria ourensá no campionanto de Cataluña de volei praia

O Sousas Oira Praia gana con Nuria-Erika o torneo feminino e Hernán Tovar logra a medalla de bronce masculina con Noé de Mena

Erika Kliokmanaite e Nuria Bouza, coas copas.

 

A parella formada por Nuria Bouza e Erika Kliokmanaite, vén de lograr un novo éxito para o Club Volei Praia Milenio Ourense, ao proclamarese campeoas de Cataluña no torneo final disputado na cidade tarraconense de Cunit na última prueba do Circuito Catalán. Nuria e Erika derrotaron á Esther Ribera e Lía Marteki por 21-17 e 21-10, realizando unha “gran exhibición de xogo tanto defensivo como ofensivo e acabando cun festival de puntos espectaculares que falan do excelente estado de forma da parella”, explican dende o club ourensán. Ademais Nuria Bouza era elixida como MVP.

A praia tarraconense das Sorres foi testemuño ademais do terceiro posto doxogador do Sousas Oira Praia Hernán Tovar que faía parella con Noe de Mena, quedando a un paso de disputar o campionato ao perder en semifinais “nun partido a cara e cruz fronte á parella Mora-Naya”.

Este triunfo a lucense Nuria Bouza pon o colofón a unha exitosa tempada estival antes de incorporarse ao seu novo proxecto como coordinadora das categorías inferiores do Club Voleibol Ourense.

 

Erika Kliokmanaite e Nuria Bouza coas copas no alto do podio.

Artigos relacionados

Back to top button