OurenseÚltima hora

Vitoria para o Auriense Campus da Auga F.G. masculino no penúltimo partido da primeira volta da liga galega

O equipo feminino de fútbol gaélico perdía o seu encontro 3-21 (30) co Estrela Vermelha F.G.

 

A piques de rematar a primeira volta da liga, os equipos do Auriense Campus da Auga Fútbol Gaélico tiveron resultados moi distintos na pasada fin de semana.

Os rapaces eran os primeiros en desputar o seu encontro, o penúltimo da primeira volta, en Cambados. Tal como explican dende o club ourensán, o partido comezou costa arriba para os seus, encaixando 3 goles nos primeiros. Con todo, “malia un mal comezo tentaron ir solucionado os erros e foron remotando aos poucos, rematando o primeiro período cunha diferenza de 8 puntos”. No segundo tempo o conto cambiaría e os xogadores do Auriense amosaron o seu xogo máis directo, remontando e rematando o partido marcador final de: Auriense Campus da Auga F.G. 7-14 (35) – Cambados F.G. 4-16 (28).

Ao equipo feminino pola súa banda tocáballes xogar no campo do Estrela Vermelha F.G. Un choque que prometía polo gran nivel de xogo que ámbalas escuadras estan a amosar ao longo da tempada. “Nun inicio de partido marcado polo gran acerto do equipo local, as nosas xogadoras tardaron en meterse no partido o que fixo que o primeiro tempo fose para as xogadoras picheleiras”, din dende Ourense, engadindo que no segundo período as ourensás amosaron o bo xogo que as caracteriza aínda que non lograron superar ás locais, rematando o encontro co resultado final de: Estrela Vermelha F.G. 3-21 (30) – Auriense Campus da Auga F.G. 3-4 (13).

A vindeira xornada haberá dobrete na cidade das Burgas. O Auriense Campus da Auga F.G. feminino xogará contra Herdeiras de Dhais F.G; e o Auriense Campus da Auga F.G. masculino contra Dorna F.G.

Ademais o equipo ourensán da Liga Gallaecia, Afiadoras F.G., xogará en Cangas o vindeiro sábado contra Berobreo F.G.

Artigos relacionados

Back to top button