En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Vitoria para o Pizarras Los Tres Cuñados FS no primeiro amigable da pretempada

O conxunto local superaba aos pontevedreses por 6-2 no pavillón de Calabagueiros

 

A marcha de xogadores de referencia como Dilín, Durán e David, obrigaba ao Pizarras Los Tres Cuñados FS a plantexarse unha nova forma de entender o equipo, incorporando ao plantel xogadores de fóra da contorna.

Así, coa renovación da maioría do equipo do ano pasado e as fichaxes de catro novos membros (Iván vén de Cádiz, Gonzalo e Fran de Verín, e Borja de Viana), o conxunto branco comezaba o 19 de agosto a pretempada co primeiro adestramento en Calabagueiros ás ordes do novo preparador físico André, do adestrador de porteiros Roberto, e do míster Xocas.

E só cinco días despois, con apenas tres sesións de adestramento que non todos os xogadores cubriron, o Tres Cuñados tiña en casa o primeiro test de nivel. Na tarde do 24 de agosto, no amigable ante o Club Deportivo Beade FS de Pontevedra (equipo de terceira división), os de Xocas anotaban a primera vitoria no seu historial desta tempada. Cos goles de Bruno en dúas ocasións, Iván, Gonzalo e Juanma, o marcador reflectía o 6-2 final para os locais.

A seguinte cita de referencia confirmada será xa en setembro, o día 7 ás sete da tarde, no III Memorial Jesús Carrera “Jess” que os enfrontará en casa ao Puertas Deyma FS da mesma categoría (2ª B).

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close