DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Vitoria para o Tres Cuñados FS no primeiro amigable da tempada

7-2 vencía ao Coruxo FS no partido disputado en Calabagueiros na tarde do 25 de agosto

O partido disputado ante o Coruxo na tarde do 25 de agosto, foi moi especial para Roberto (membro do equipo técnico do Pizarras Los Tres Cuñados FS). E non só por ser o primero ensaio para medir forzas de cara á tempada que comezará o 15 de setembro, senón porque entre os xgadores do equipo vigués estaba o seu fillo, Martín, formado na base do fútbol sala barquense.

Con respecto ao xogo, foi favorable para os locais que comezaban marcando da man de Bruno e conseguían aumentar a diferenza ata rematar co 7-2 final no marcador. Ademais do capitán que marcou en tres ocasións, polos brancos marcaron Brais, Juanma e Josiño en dúas ocasións.

Nun partido limpo e con moitas baixas suplidas por xuvenís, os de Xocas vencían ante un rival de 3ª división galega. A seguinte cita será o 8 de setembro no II Memorial Jesús Carrera que disputarán ante o Valpaços da division de prata portuguesa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button